viernes, 9 de marzo de 2018

AVANCE DA XORNADA: 10 e 11 de Marzo

¡Hola, hola de novo familia! Regresamos por aquí para traervos o avance desta nova xornada de liga que nos depara unha morea de encontros cos que amenizar esta fin de semana. Seguide lendo para sabelo todo, todo, todo sobre estes partidos.





CATEGORÍA BENXAMÍN

→ Os nosos benxamíns, non teñen partido esta semana posto que na súa liga son cinco equipos e cada xornada descansa un equipo diferente. Esta semana, tócalles a eles.


CATEGORÍA ALEVÍN

→ Palas CD - Priringalla / María Auxiliadora "B". Os alevíns, líderes actuais da categoría, enfróntanse esta fin de semana ao segundo clasificado a Piringalla/ Maria Auxiliadora "B". O domingo 11 ás 12h os nosos tratarán de manter o liderato en Os Chacotes. 




CATEGORÍA INFANTIL

→ ED Ribela - Palas CD. O sábado día 10 ás 11:30h os infantís visitan Sarria para enfrontarse ao seu perseguidor máis inmediato. Cuarto clasificado o Palas con 4 puntos, quinto a ED Ribela con 1 e ambos loitando esta xornada por levar o tres puntos.


CATEGORÍA CADETE

→EF Polvorín "B"- Palas CD.  Os de Koeman vistan Lugo o domingo ás 12h, para enfrontarse ao quinto clasificado da sua liga. Este partido será unha nova oportunidade para os nosos, para manterse ao fronte da sua categoría. Agardamos que regresen cos tres puntos.


CATEGORÍA XUVENIL

→ CD Castro - Palas CD. Séptima xornada da fase de ascenso xuvenil que será desputada polos nosos o vindeiro venres 16 ás 20:30h. A pesares de ser un partido que o Palas Cd debería desputar a domicilio, éste xogarase en Os Chacotes coa SD Castro como local. Dous postos separan a estes dous rivais pero so tres puntos entre os nosos e os de Castro. Un partido importante que non podedes perder.


SEGUNDA AUTONÓMICA

→ Palas CD - SD Oural. Domingo día 11, ás 16:30h en Os Chacotes, os nosos reciben ao quinto clasificado da liga, a SD Oural, nun encontro no que tratarán recurtar distancias cos equipos que ocupan os postos altos da táboa. O Palas precisa recuperar as boas sensacións tras os resultados pouco satisfactorios das últimas xornadas.


E isto é todo o que nos depara esta nova xornada de fútbol no Palas CD e que, agardamos, o tempo nos deixe desputar. Se así é, agardámosvos a todos para animar ós nosos e empurralos cara a victoria.

Nós voltamos a inicios da semana coa crónica de todo o que nos depare esta fin de semana.


Ata entón...




No hay comentarios:

Publicar un comentario