martes, 6 de marzo de 2018

CRÓNICA - 3 e 4 de Marzo

¡Boas noites xente! Aquí estamos de novo logo de este fin de semana cheo de futbol que nos deixou resultados moi dispares nas distintas categorías do clube. Victorias, empates e tamén derrotas é o que imos analizar polo miúdo na presente entrada. ¡Seguide lendo se queredes saber todos os resultados dos nosos a pasada xornada!




Comezamos este análise, como sempre, polos máis pequenos. Eses pequenos grandes futbolistas que finde tras finde desfrutan do fútbol case máis que calquera adulto, mentres aprenden valores como o compañeirismo, a disciplina e a sana competencia.

BENXAMÍNS: SD Viveiro 2-5 Palas CD. 
Neste caso os nosos visitaron a costa para enfrontarse á SD Viveiro nun partido que contou con nada menos que sete goles totais, todos eles anotados na segunda metade do encontro. A lata abriuna Diego para os nosos no 28, seguido de dous goles máis de Gael Lombao  no 32 e no 41.
Xa nos minutos finais, un novo gol de Gael Lombao e outro de Gael Vázquez poñerían o definitivo 2 a 5 no marcador que coloca., aos nosos pequenos, líderes actuais da categoría.

ALEVÍNS: AD Ferroviaria C 1-3 Palas CD. 
Os alevíns desprazaronse esta semana ata Lugo para enfrontarse á AD Ferroviaria nun partido no que houbo reparto equitativo de goles entre ambas partes, abrindo o marcador Noel para os nosos, cando só ían dous minutos de encontro. E ampliando esa diferenza Manuel, ao fío de descanso. Xa na reanudación, Noel anotaba o terceiro para o Palas e o segundo na su conta.
Con este victoria os nosos sitúanse líderes da súa categoría a dous puntos do segundo clasificado.

INFANTÍS: Palas CD 1-5 SD Becerreá.
A derrota da xornada veu de mans do equipo infantil que caeu ante a SD Becerreá (segundo clasificado da liga) por un gol a cinco. Un encontro dominado en goles polo Becerreá que anotou o primeiro, practicamente no asubío inicial e os nosos non poideron máis que recurtar distancias con un gol de Martín no 52, cando o luminoso xa marcaba tres a cero. Os nosos colocánse así cuartos na táboa clasificatoria desta segunda fase da liga.

CADETES: Palas CD 2-0 SD Becerreá.
Os cadetes son aínda máis lideres tras gañar por dous goles a cero ao Becerreá (4º clasificado da liga). Os goles de Adrián no 18`e de David no 34` valénlles aos de Koeman para reafirmarse nese primeiro posto da táboa, con sete puntos de diferenza sobre o segundo que é o Atlético Abuín.

XUVENÍS: Palas CD 3-0 Sagrado Corazón.
Golpe de efecto dos xuvenís tras a cómoda victoria desta fin de semana fornte ao Sagrado Corazón por tres goles a cero. O primeiro en abrir o marcador foi o recén incorporado Iván Navia, seguido por o gol de cabeza de Unai ao fío do descanso. Xa na reanudación, e cando o segundo tempo so contaba con tres minutos desputados, Pablo anotaba un bonito gol dende longa distancia que poñía o marcador final no luminoso.
Con esta victoria, os nosos acadan a terceira posición da táboa empatados a puntos co cuarto e quinto clasificado pero cun partido menos que se desputará o xoves 29 de Marzo fronte ao ED Lourenzá.

SEGUNDA AUTONÓMICA: SCD Milagrosa 0-0 Palas CD.
Os maiores do clube non pasan dun empate pouco satisfactorio fronte á Milagrosa, nun encontro revolto e pouco atractivo, no que ningún dos dous equipos deu o mellor de sí mesmo. Con este punto, os nosos mantéñense na zona morna da táboa a sete puntos do anterior clasificado que é o Santa Comba.


E ata aquí a análise do que nos deparou esta xornada de liga en todas as categorías do clube. Como dicíamos, tivemos de todo e moi variado, pero sobre todo tivemos victorias que sitúan aos nosos en bos postos clasificatorios.
Se vos gustou esta entada animámosvos a compartila nas redes sociais para que así chegue ao maior número de persoas posible.

Polo pronto, nós voltamos a finais da semana co avance da vindeira xornada de liga en todas as categorías.

Ata entón...



No hay comentarios:

Publicar un comentario