CATEGORÍA BENXAMÍN
→ Racing C. Villalbés "C" - Palas CD. A un dos míticos visitan os benxamíns esta fin de semana e que ademáis é o seu máis inmediato perseguidor. Primeiros son os nosos con nove puntos e segundos os de Vilalba con seis, co que este encontro parece contar con todos os ingredientes necesarios para ser especial. Desputarase o martes 27 ás 18:30h no anexo da Magdalena, en Vilalba.
CATEGORÍA ALEVÍN
→ Esc. Fut. Polvorín "B" - Palas CD. Esta semana os alevíns visitan ao Polvorín B (penúltimos clasificados da liga) coa firme intención de seguir enganchados aos postos altos da táboa. O partido desputarase o domingo 25 ás 10:30h en Lugo.
CATEGORÍA INFANTIL
→ Palas CD - AD Ferroviaria "B". Séptima xornada da segunda fase da liga, na que os infantís reciben ao seu inmediato perseguidor. Quintos son os de Lugo con cinco puntos e cuartos os nosos con seis, polo que este será un partido interesante no que ambos equipos loitarán por levar os tres puntos e ascender postos na táboa. Así que xa sabedes, sábado 24 ás 11h tedes unha cita cos infantís en Os Chacotes,
CATEGORÍA CADETE
→ SD Antas - Palas CD. Os de Koeman visitan o Castro Seoane este sábado, ás 12h ,nun encontro que sempre se nos antolla do máis interesante, grazas a ese compoñente especial que sempre teñen os derbis. Os nosos seguen líderes da categoría con catro puntos de vantaxe sobre e segundo e na sua visita a Antas tratarán de de levar de novo os tres puntos.
CATEGORÍA XUVENIL
→ Palas CD - SD Residencia "A". Partido interesante o que se nos presenta este sábado ás 17:30h en Os Chacotes, e que enfrontará aos xuvenís (terceiros clasificados) co líder da categoría, a Residencia A. Un encontro de altura que non podedes perder.
SEGUNDA AUTONÓMICA
→ Palas CD - SD Chantada "B". Os maiores reciben esta fin de semana á SD Chantada "B", segundo clasificado da liga e serio candidato ao ascenso. O partido desputase este domingo ás 16:30h en Os Chacotes e sabedes que non debedes perdelo.
E ata aquí o avance de todo o que nos depara a vindeira xornada de liga que se presenta do máis interesante. Derbis, partidos de altura e moito, moito fútbol. ¡Qué rode o balón!
Nós regresamos a principios da semana para contarvos todo o que nos deparou esta fin de semana chea de encontros.
Ata entón...




No hay comentarios:
Publicar un comentario