viernes, 6 de abril de 2018

AVANCE DA XORNADA: 7 e 8 de Abril

¡Hola, hola familia celeste! Despois deste pequeno parón improvisado por Semana Santa, retomamos a nosa actividade normal en redes e, como non, tamén aquí. Como cada venres, xa sabedes que toca o avance de todo o que nos depara esta nova xornada de liga, así que... ¡seguide lendo!





CATEGORÍA BENXAMÍN

→ CD Corgo - 
Palas CD. Xornada 6 da segunda fase da liga benxamín que enfronta aos nosos coa SD Corgo, terceiro clasificado da liga. A pesar de que partido debería desputarse no Campo Municipal do Corgo, este terá lugar o domingo 8 de abril ás 11:15h no Municipal Rodríguez Lago en Lugo. 

CATEGORÍA ALEVÍN

→ SD Becerreá - Palas CD. Os alevíns desputarán os sexto partido da segunda fase da liga unha semana máis tarde que resto dos seus contrincantes. Este, enfrontaraos á SD Becerreá, que se sitúa dous postos por debaixo dos nosos en cuarta posición. Xa sabedes, teremos que esperar ao domingo 29 de abril ás 12h para desfrutar dos nosos alevíns.


CATEGORÍA INFANTIL

→ SD Antas - Palas CD. Este é un dos dous derbis cos que contamos esta semana. Os infantís visitan o Castro Seoane nun encontro que os enfronta ao seu máis inmediato perseguidor nesta segunda fase. Cinco puntos teñen os nosos e un os nosos veciños, polo que prevemos un interesante partido o domingo 8 ás 17:30h.

CATEGORÍA CADETE




→ Palas CD - Escuelas Deportivas Ribela. Como podedes ver na imaxe este partido, pertencente á décima xornada da segunda fase da liga cadete, foi desputado o xoves día cinco en Os Chacotes. O resultado final foi de empate a dous goles con tantos de Carlos e Isma. Con este novo puntiño, os nosos manteñen o liderato en solitario que veñen mantendo estas últimas semanas.  


CATEGORÍA XUVENIL

→ SCD Milagrosa - Palas CD. Partido máis que interesante o que van desputar os xuvenís os sábado 7 ás 18:30h no Luis Gorgoso e que os enfronta ao seu inmediato perseguidor. Quince puntos teñen ambos equipos, que loitarán con todo por levar unha victoria que lles permitiría afianzar a terceira praza da promoción de ascenso. ¡Imos rapaces! 

SEGUNDA AUTONÓMICA

→ SD Monterroso - Palas CD. O segundo dos derbis que desfrutaremos esta semana enfronta aos nosos maiores cos veciños da SD Monterroso. Un partido que non só conta co especial compoñente dun derbi, senon no que ambos equipos chegan empatados a puntos. ¿Pódese pedir máis? Sí, que vaiamos todos a apoialos a Cerdeiriños, o sábado 7 ás 18:30h. ¡FORZA PALAS!

E iso e todo, ata aquí a previa desta nova xornada de liga, na que esperamos grandes resultados dos nosos.
Nós voltamos a comezos da semana, para analizar con vós todo o sucedido.


Ata entón...


No hay comentarios:

Publicar un comentario