Pero bueno, deixémonos de contos e escoitemos xa aos nosos protagonistas de hoxe. ¡Seguide lendo!
Para inaugurar este novo apartado do noso blog, dous entrevistados de altura.
Por un lado, Luis Mato, adestrador dos equipos benxamín, alevín e xuvenil. Este último recén clasificado para a fase final polo ascenso á Liga Galega. Veterano do clube e home referencia dentro del.
Por outro, Óscar Montalbán, xogador, capitán e referente do equipo xuvenil. Leva anos no Palas CD desfrutando e facéndonos desfrutar aos demáis.
Dous artífices importantes deste novo hito acadado polo equipo xuvenil e no que agardamos acaden moi bos resultados. Imos coas preguntas que lles fixemos comezado polo adestrador.
MATO
1. Antes de nada noraboa por, un ano máis, clasificarvos para a fase final da promoción de ascenso á Liga Galega Xuvenil. ¿Era este o obxectivo inicial do equipo a principios de tempada?
Grazas. O primeiro obxetivo que nos marcamos foi a acadar a segunda fase da liga, na que participaron os catro primeiros de cada grupo.
2. A campaña non comezou moi ben, unha pequena racha de malos resultados fixo tambalearse un chisco todo o pronosticado ¿Nalgún momento pensaches en que non acadar este pase sería, en certo modo, un pequeno fracaso?
Non estivemos ben no inicio, máis fómonos asentando e logramos acadar esta promoción.
3. Todos os que seguimos o clube de forma habitual sabemos que esta xeración de xuvenís goza dunha calidade e un saber facer moi destacable. Ti, que levas anos adestrando nesta categoría ¿atreveríaste a dicir que son a mellor xeración de xuvenís que existiu no Palas CD?
Creo que cada xeración ten o seu momento e o seu tempo. Esta que nos toca está a facer ben as cousas e a súa estabilidade e constancia ten moito que ver niso.
4. Aínda que a loita polo ascenso que estades a piques de disputar o empaña un pouco todo ¿que aspiracións tedes na copa deputación xuvenil deste ano?
Comezamos a copa en Foz o domingo despois de xogar o sábado co Fisterra, farase duro pero traballaremos para intentar chegar o máis lonxe posible.
5. Para rematar, ¿que agardas desta fase final que tan merecidamente ides xogar? ¿Ves posibilidades de ascenso ou consideras que son moi remotas?
Estas fases son complicadas (partido único, rival e campo pouco coñecidos…) pero por ilusión e traballo non vai quedar, para acadar resultados positivos.

ÓSCAR
1.Capitán, comezaremos coa mesma pregunta que lle fixemos a o voso adestrador. Tras este merecido pase á fase final no ascenso á liga galega xuvenil ¿cres que este equipo cumpriu co seu obxectivo principal para esta campaña?
Nunca fomos un equipo de esixirnos si ou si un obxectivo. Sempre xogamos para dár o máximo de nós, pero bueno, conseguindo a clasificación para esta fase podemos estar máis que orgullosos do que fixemos.
2. Levas anos neste clube. Primeiro como infantil, logo como cadete e agora como capitán e líder deste gran equipo. Moitos dos teus compañeiros comezaron esta andaina xunto a ti e outros foron sumándose no camiño conformando un grupo compacto e unido. ¿Cres que esta pode ser unha das claves para o voso continuo éxito?
Si, está claro, somos un bloque, unha familia. Dun ano para outro tivemos xente nova e xente que foi marchando, pero o eixe central do equipo sempre foi o bon rollo e a compenetración entre nós. Ao fin e ao cabo, somos un equipo de amigos.
3. Este é o teu último ano nesta categoría e, aínda que levas un tempo acudindo convocado co equipo senior, a vindeira campaña será o teu primeiro ano oficial na segunda autonómica. ¿Veste disputándoa no Palas CD ou plantéxaste a posibilidade de cambiar de equipo ou incluso colgar as botas?
A verdade é que non pensei no ano que vén a día de hoxe, o único que quero para o meu futuro é seguir xogando con quen quero, os meus amigos, que foi o que me mantivo nesta familia desde que cheguei fai sete temporadas.
4. Queda a fase final de ascenso pero tamén queda a copa. ¿Cal son os obxectivos con respecto a esta competición? ¿Védesvos acadando unha hipotética final?
Como xa dixen, xogamos para chegar sempre o máis lonxe posible, pero si, para min e para moitos de nós sería un final desta etapa no fútbol base perfecto.
5. Pechamos esta entrevista coa mesma pregunta coa que pechamos a de Luis Mato ¿que agardas desta fase final que tan merecidamente ides xogar? ¿Ves posibilidades de ascenso ou consideras que son moi remotas?
Antes de xogar os partidos todos temos as mesmas posibilidades de gañalos, non sería capaz de dicir se hai posibilidades ou non. A eliminatoria do día 12 vai ser un partido complicado, e como afeccionado do Atlético de Madrid que son, voume agarrar ao “partido a partido”.

E isto e todo o que Mato e Óscar nos contaron. Nos pola nosa parte confiamos plenamamente en eles e neste equipo nesa nova etapa final que están a piques de desputar. E agardamos que dende as gradas todos vos tamén lles brindedes o apoio que precisan e merecen. ¡Imos rapaces!
Como sempre, voltamos mañá venres nun novo avance da xornada e con todos os horarios da fin de semana.
Ata entón...

No hay comentarios:
Publicar un comentario