lunes, 7 de mayo de 2018

CRÓNICA DA XORNADA - 5 e 6 de Maio

¡Boas de novo xente! Semana nova, crónica nova, iso é así por lei, xa o sabedes. Así que aquí estamos para comentar con vós todo o acontecido a pasada xornada nos equipos do clube. Tamén queremos animarvos a permanecer atentos ás nosas redes e a este blog porque, durante esta semana, imos estrear unha sección que nos fai moita, moita ilusión. Así que, non perdades detalle xD



BENXAMÍNS: Palas CD 2-4 RC Villalbés C
Derrota dos máis pequenos ante un mítico como o Racing Villalbés, no derradeiro encontró da segunda fase da sua liga. No partido comezaron adiantándose os visitantes e aínda que os nosos trataron de recurtar distancias por medio de Gael Vázquez no 12 e de Diego no 50. O resultado final acabou cos tres puntos en poder dos de Vilalba.


Os nosos poñen fin a esta fase da liga, cun meritorio segundo posto e uns contundentes 16 puntos, só dous menos que o primeiro clasificado que, de feito, é o RC Villalbés C.

ALEVÍNS: Palas CD 7-3 EF Polvorín B

Victoria contundente dos alevíns na casa fronte a un EF Polvorín B que non puido facerlles fronte. Comezaban gañando os nosos por medio dun gol temprán de Manuel que abría a lata para os seis goles máis que lograrían anotar co paso dos minutos. Os tantos finais foron de Manuel (2 máis), Hugo, dous de Julen e outro máis de Martín, poñendo así o definitivo 7 a 3.

Con esta xornada, os alevíns tamén rematan a liga e, igual que os benxamíns, tamén o fan nun estupendo segundo posto que os deixou a só catro puntos do gañador da liga a Piringalla/MªAuxiliadora B.

CADETES: Palas CD 4-2 EF Polvorín B

Nova victoria dos cadetes que pechan a súa segunda fase da liga como absolutos campións con, nada menos, que sete puntos de diferencia co segundo clasificado, a SD Becerreá.


Neste caso os tres puntos acadáronos como locais no seu enfrontamento fronte ó EF Polvorín B cun resultado final de 4 goles a 2. Os tantos foron de Carlos, Isma por partida dobre e Lucas. 

XUVENÍS: Palas CD 2-0 CD Castro
Os xuvenís tamén cerraron a súa liguiña (neste caso a fase de ascenso) cunha victoria por dous goles a cero fronte ao CD Castro. Os tantos foron de Viña e Pablo, que afianzaron así ese pase á fase final polo ascenso que xa acadaran a pasada xornada.


Terceiros rematan os nosos que, de seguro, loitarán con todo nese novo reto que están a piques de comezar. ¡Imos rapaces!


E iso foi todo o que tivemos esta fin de semana no que se desputaron dous partidos menos que de costume, debido ao fin das ligas infantil e senior. 
Sen embargo isto no remata aquí, posto que están a piques de comezar as copas dos respectivos equipos do clube, así como a fase final de ascenso á Liga Galega Xuvenil para a que os nosos precisarán de todo o apoio que poidamos brindarlles. 

Nos voltamos a finais de semana, con todos os horarios da próxima xornada para que non perdades nada. 

Ata entón...



No hay comentarios:

Publicar un comentario