miércoles, 2 de mayo de 2018

CRÓNICA DA XORNADA - 28 e 29 de Abril

¡Hola de novo familia celeste! Voltamos cunha nova crónica do que nos deparou a pasada fin de semana. Se queredes saber todo o ocorrido no clube, seguide lendo.




BENXAMÍNS: SD Becerreá 2-1 Palas CD
Derrota axustada dos nosos en Becerreá que, a pesares de lograr empatar o partido a un gol de Gael Vázquez no minuto 25, viron como ao fio do final os locais se poñían por diante co definitivo 2 a 1. Non cambia nada para os nosos na táboa que continúan líderes un punto por enriba do segundo clasificado.


ALEVÍNS: CD Corgo 1-4 AD Palas CD
Suman e seguen os alevíns que venceron con contundencia esta semana na súa visita á Cheda na que o CD Corgo xogaba como local. Abrían a lata os nosos tan pronto por medio de Martín, como lograban os do Corgo empatar o encontro só catro minutos despois. E como de rapidez ía a cousa, só tres minutos máis tarde do empate, Noel poñía aos nosos por diante que cerrarían o marcador na segunda parte co definitivo 1 a 4 e tantos de Gael Vázquez e Manuel. 
Manteñen os nosos o segundo posto da táboa a catro puntos do líder absoluto que é a Piringalla/Mª Auxiliadora "B".

INFANTÍS: Palas CD 1-4 ED Ribela
De pouco serviu o tanto de Jorge no minuto 64 para tratar de recurtar distancias nun encontro que os visitantes lograron dominar de principio a fin. Non suman os nosos nesta xornada e manteñénse na máis que aceptable quinta praza da clasificación empatado a puntos co sexto clasificado.



CADETES: SD Becerreá 1-2 Palas CD
De tres en tres seguen a sumar os de Koeman que son máis líderes que nunca a sete puntos do segundo clasificado que non é máis que SD Becerreá aos que venceron esta fin de semana. Abría a lata para os nosos Alex no minuto 24, tanto que igualarían os locais tan só dez minutos máis tarde. Sen embargo, e trala reanudación, Lucas poñería o definitivo 1 a 2 que decantaba a balanza final de cara aos nosos.

XUVENÍS: SD Ribadeo 3-2 Palas CD
¡SÍ! ¡Xa podemos dicilo coa boca ben chea a cabeza ben alta! Os nosos xuvenís estarán un ano máis na fase final da promoción de ascenso á Liga Galega xuvenil! Un punto era o único que precisaban os de Mato para completar a súa xeira e meterse de cheo na pelexa e un punto foi o que acadaron na súa visita ó Muncipal Rodríguez Lago. Comezaron perdendo pronto os nosos cun tanto dos locais cando só contaban 7 minutos de encontro e que chegou ao descanso mandando no marcador. Sen embargo, e como xa ben sendo habitual en eles, os nosos xuvenís saíron tan a por todas na segunda metade que, a dez minutos do final xa tiñan a remontada no seu poder con goles de Pol  e Javi. Mágoa deses dous puntiños que se lles escapaban das mans tan só un minuto despois.

Aínda así, non podemos estar máis orgullosos deste grupo que con forza, confianza e saber facer, lograron meterse nesa nova pelexa que agardamos sexa o máis xusta posible para eles. ¡MERECEDELO!

SEGUNDA AUTONÓMICA: CD Brollón 1-2 Palas CD
Remantan con victoria os maiores, unha tempada que non foi todo o boa que cabía esperar pero na que loitaron con todo cada partido ata o final. Comezaban perdendo os de Quintela nos Medos nun bo tanto dos locais que pegaban primeiro. Sen embargo e xa na reanudación, Juanjo primeiro e Gabi despois poñerían o definitivo 1 a 2 final.
Con esta victoria, os nosos conclúen a presente campaña nun máis que meritorio séptimo posto. Agardamos agora o que nos depare a copa e prometemos loitar por ela ata o final.


E isto foi todo pola nosa parte para analizar os resultados obtidos na pasada xornada.
Como sempre vos dicimos, voltamos a finais de semana cos horarios e o avance do que está por vir.

Ata entón...


No hay comentarios:

Publicar un comentario