jueves, 19 de abril de 2018

CRÓNICA DA XORNADA: 14 e 15 de Abril

¡Hola, hola xente! Aínda que un chisco tarde, aquí estamos unha semana máis para analizar todo o que nos deparou a pasada xornada de liga. Toda a análise dos partidos, goles e resultados de cada equipo do clube. ¡Seguide lendo!



BENXAMÍNS: Palas CD 4-1 SD Viveiro B
Victoria cómoda dos benxamíns fronte á SD Viveiro, por 4 goles a 1, e tantos de Gael Vázquez, dous de Gael Lombao e outro de Diego, todos eles na segunda metade do partido. Con estes tres puntiños os nosos afianzan a primeira praza da liga nesta segunda volta e poñen unha distancia de sete puntos co segundo clasificado. 


ALEVÍNS: Palas CD 6-4 AD Ferroviaria C.
Nova victoria dos alevíns nun encontro que comezaron gañando con dous goles tempráns de David e Manuel Núñez nos minutos 3 e 4 respectivamente.  No 9 volvería anotar Manuel Núñez e, antes do descanso, tamén o faría Manuel Vázquez. Xa na reanudación, Manuel Núñez anotaría para o seu Hat-Trick persoal e tras un último gol dos visitantes, poñeríase o definitivo 6 a 4.

Con esta victoria, os nosos seguen a ser segundos con 15 puntos e con catro de distancia co primeiro clasificado.


INFANTÍS: SD Becerreá 4-1 Palas CD
Derrota dos infantís a domicilio na súa visita ó Municipal de Becerreá. Ó fío do descanso os locais poñíanse un tanto por diante dos nosos que recurtarían distancias xa na segunda metade por medio de Martín. Aínda así os de Becerreá saíron moi enchufados na reanudación e acabaron por anotar os tres tantos restantes que poñerían o definitivo 4 a 1.
Non se moven as cousas para os nosos que continúan quintos cun punto de vantaxe sobre o sexto.



CADETES: Atl. Abuín 0-2 Palas CD
En dinámica de “suma e segue” continúan os de Koeman que se manteñen a fronte da clasificación con seis puntos de vantaxe sobre o segundo posto. Desta volta, foron os goles de Carlos e Brais na primeira metade os que trauxeron os tres puntiños para Palas. 


XUVENÍS: SD Ribadeo 3-2 Palas CD
Derrota pola mínima dos xuvenís na sua visita a Ribadeo. 
Comezaron perdendo os nosos , que alcanzaron o descanso cun resultado en contra de dous goles a cero. Sen embargo, trala reanudación, un gol de Pol e outro de Xesús devolvían as táboas ao marcador a vinte minutos do final. Pero, e a pesares de tentalo ata o final, os nosos non puideron manter ese puntiño e acabaron por encaixar un novo gol no minuto 77, que os deixaría sen sumar.

Tras este tropezo, os xuvenís perden a segunda plaza da táboa en favor do Porto Burela e mantéñense terceiros a unha distancia de dous puntiños.


SEGUNDA AUTONÓMICA: Palas CD 2-1 CD Rubián

Segunda victoria consecutiva dos nosos, no antepenúltimo partido da liga regular. Desta volta os nosos lograron vencer ó CD Rubián (pechacancelas da liga) en Os Chacotes cun resultado de 2 goles a 1. Os tantos foron de Sanci e Juanjo na segunda metade. Os maiores, afianzan así o séptimo posto da liga a falta de duas xornadas para o remate.

E isto foi todo o que nos trouxo a pasada fin de semana en canto aos encontros dos nosos equipos. Nos voltamos mañá, cos horarios da próxima fin de semana e o avance de todo o que nos ten preparado.

Ata entón...





No hay comentarios:

Publicar un comentario