viernes, 2 de marzo de 2018

¡Benvidos! + Avance da xornada 4-5 de febreiro.

¡Moi boas tardes familia! Benvidos a unha nova aventura do Clube Deportivo Palas que, por se non nos chegan xa tres redes sociais, aínda lle añadimos este blog para poder seguir contándovos todo o que sucede no clube.

Entrevistas, crónicas, avances da xornada e unha morea de cousas máis ,formarán parte deste espacio que é de todos e para todos e no que falaremos do Palas, de fútbol e tamén de persoas. Desas persoas que día a día loitan por que o fútbol modesto e afeccionado siga medrando e facendo desfrutar a tanta xente. Cada sábado, cada domingo, en cada campo e en cada grada trataremos de traervos a mellor información sobre o noso clube. Así que, se credes que vos pode interesar, quedádevos por aquí e axudádenos a seguir medrando. Porque xa sabedes:



E agora seguide lendo porque imos xa co primeiro avance da xornada nesta fin de semana do 4 e 5 de febreiro.
CATEGORÍA BENXAMÍN

→ SD Viveiro - Palas CD. Tralo inicio da segunda fase da liga a semana pasada, os nosos xogadores máis pequenos visitan ao Viveiro no seu campo como líderes provisionais da categoría. O partido desputarase o sábado día 4 as 12h no Municipal de Viveiro. 

CATEGORÍA ALEVÍN

→ AD Ferroviaria C - Palas CD. Os nosos alevín tamén comezaron a semana anterior a segunda fase da liga cunha victoria que os mantén no máis alto da táboa. Así que esta semana visitan ó Luis Gorgoso o domingo ás 11:15h para tratar de manter o liderato. 

CATEGORÍA INFANTIL

→ Palas CD - SD Becerreá. Cuarta xornada da segunda fase da liga infantil e os nosos reciben na casa á SD Becerreá que actualmente ocupa o segundo posto. Os nosos son cuartos e o partido desputarase o sábado ás 11:30h nos Chacotes. 

CATEGORÍA CADETE

→ Palas CD - SD Becerreá. O domingo 5 ás 12h en Os Chacotes, os cadetes desputan a sexta xornada da segunda fase da liga na que ahora mesmo son líderes a cinco puntos do segundo que precisamente é a SD Becerreá. Primeiro contra segunda, nunha interesante xornada de domingo. 

CATEGORÍA XUVENIL

→Palas CD - Sagrado Corazón. Xornada 6 da fase de ascenso da liga xuvenil onde os nosos se enfrontarán ao Sagrado Corazón o sábado ás 16:30h en Os Chacotes. Actualmente o equipo lucense conta cos mesmos puntos que o Palas e ocupan quinto e cuarto posto respectivamente, polo que, este, se nos antoxa un partido do máis interesante. 

SEGUNDA AUTONÓMICA

→ SCD Milagrosa - Palas CD. Domingo día 5, ás 17h no Luis Gorgoso os nosos enfróntanse ao décimo terceiro clasificado da liga tratando de recobrar a senda da victoria. E é que, tras os últimos tropezos sufridos polos de Quintela, o equipo senior precisa recobrar as boas sensacións co seu xogo e volver a sumar de tres en tres. 


En fin, estes son todos os partidos que van desputar os nosos esta fin de semana e nos que agardavos todo o voso apoio para, entre todos, empurralos cara a victoria. 


Nós voltamos a pincipios da vindeira semana para analizar todo o que nos deparou esta nova xornada de liga no Palas CD. 

Ata entón...





No hay comentarios:

Publicar un comentario