CATEGORÍA BENXAMÍN
→ Palas CD - SD Becerreá. Partido de altura o que van desputar os benxamíns esta fin de semana fronte a SD Becerreá, ambos, na loita polo liderato. Primeiros son os nosos con seis puntos seguidos de preto polos visitantes que contan con catro e que tratarán de acadar ese primeiro posto neste partido. Así que xa sabedes, o sábado 17, ás 12h, non esquezades vir Os Chacotes a animalos.
CATEGORÍA ALEVÍN
→ Palas CD - CD Corgo. Outro dos partidos interesantes da xornada será o que desputarán os alevíns o sábado 17 ás 11h en Os Chacotes. Un encontro que os enfrontará co seu inmediato perseguidor, co que empatan a puntos, e no que tratarán de sumar tres novos puntiños que lle permitan asaltar ese liderato que perderon na xornada pasada.
CATEGORÍA INFANTIL
→ SD Sarriana - Palas CD. O sábado 17 ás 10h os infantís teñen unha cita co segundo clasificado da liga que conta con sete puntos máis que os nosos. Neste encontro, que se desputará no campo de A Ribela, o Palas CD tratará de recurtar esa distancia e achegarse un pouco máis aos postos máis altos da táboa.
CATEGORÍA CADETE
→ Palas CD - SD Monterroso. Derbi ulloán é o que lles espera aos cadetes esta fin de semana, nun encontro que se desputará o domingo 18 ás 11:30h en Os Chacotes e que conta con ese componente especial que sempre acompaña a este tipo de partidos. Os nosos son líderes conduntes da liga e os de Monterroso ocupan a cuarta posición, así que agardamos un encontro entretido esta xornada.
→ SD Porto Burela - Palas CD. Os xuvenís visitan a costa esta xornada, nun encontro que os medirá coa SD Porto Burela que é segundo clasificado da liga, xusto por diante dos nosos. Un partido que promete moito fútbol e que se desputará o sábado 17 ás 16h en a A Marosa.
→ SD Castroverde - Palas CD. Os maiores visitan a Veiga do Olmo o domigo ás 16:30h nunha nova oportunidad de reecontrarse co bo xogo e as boas sensacións que fai uns cantos partidos que non son capaces de acadar. Os de Castroverde son décimo quintos clasificados e os nosos seguen ocupando a séptima posición da táboa. Agardamos que regresen cos tres puntos.
CATEGORÍA XUVENIL
SEGUNDA AUTONÓMICA
E ata aquí o avance do que está por vir esta nova fin de semana de ligas. Partidos interesantes no que agardamos que os nosos consigan levarse o maior número posible de puntos. Pola nosa parte, voltamos a inicio da semana coa crónica de todo o sucedido nesta xornada.
Ata entón...




No hay comentarios:
Publicar un comentario